Barbantes, Iglesia Parroquial San Antonio
O Concello de Cenlle presenta unha cita cultural moi especial: dende Alemaña para Barbantes, o prestixioso Cuarteto Diógenes chega ao noso concello para render homenaxe a un dos grandes xenios da historia da música, Ludwig van Beethoven.
Fundado en 1998 en Múnic, o Cuarteto Diógenes é unha formación de referencia na música de cámara europea e está integrado por:
Stefan Kirpal, violín primeiro
Gundula Kirpal, violín segundo
Alba González Becerra, viola
Stephen Ristau, violoncello
Cunha ampla traxectoria internacional e recoñecidos pola súa excelencia interpretativa, ofrecerán un programa centrado na obra de Beethoven, cargado de emoción, intensidade e beleza musical.
Sábado 28 de febreiro
19.30 horas
Iglesia Parroquial San Antonio de Barbantes
Unha oportunidade única para gozar da música clásica nun espazo emblemático do noso concello.
Cultura, talento internacional e emoción en Cenlle.
Agardámosvos!




